Opinión

Pin, pam, pum

O fascismo rampante, que moita máis xente da desexada ascendeu ás institucións do Estado, non para de abraiarnos coas súas propostas. Como ben sabedes iniciou en Murcia, feudo das dereitas, unha cruzada (gústanlles moito) que pretende inxerir nun dos temas máis delicados para calquera democracia (eles non saben o que significa a palabra), a educación dxs futurxs cidadáns, que xa son  persoas posuidoras de dereitos.

O pin parental (en masculino xenérico) é unha ferramenta da que a ultradereita quere dotar xs pais para vetar contidos nas aulas.

Opina a experta en coeducación, a profesora de Lingua Castelá e unha das creadoras de Skolae, Marian Moreno: «O sistema educativo non pode depender das crenzas das familias, que non teñen dereito a impoñelas por encima dos dereitos humanos». Ademais, subliña que os centros educativos contan de seu cos mecanismos axeitados para que xs pais teñan a información dos contidos que lles son impartidos xs seus fillxs.

A ultradereita quere coartar a liberdade de ensino, quere impedir que xs nenxs sexan educadxs en valores, quere dar voz e voto, en temas que atinxen á maioría, a aqueles antidereitos.

A práctica do pim pam pum penetra polas fendas que deixa a propia democracia que queren mutilar ou mesmo derrubar. O mundo viuse en situacións similares, mais a xente de ben sabe que xs fillxs non lles pertencen, por moito que xs fachas o berren. Son, como dicía Kalil Gibran, «fillxs e fillxs da vida mesma», suxeitxs de dereitos e o máis lonxe posíbel do pim pam pum que nos lembra un pasado de vergoña.

Comentarios