Opinión

Cabalo de Troia

Non vou ter a osadía de explicar un clásico tan grande coma é a Odisseia, non fai falla e  non van por ese lado os tiros. Todos sabemos que o cabalo de troia é unha estratexia moi utilizada durante séculos nas distintas contendas bélicas, como espello da usada en Troia polos gregos. É unha vantaxe ter infiltrados nas liñas contrarias. Iso tamén pasa na vida política partidaria, moitas veces fragmentada en moitas familias e intereses, o cabalo de troia é a mellor opción para serrar as patas da cadeira do aguia do líder. 

Os votantes teñen que ser quen de percibir estas situacións, detalles non faltan, para elixir entre as distintas opcións políticas, segundo o seu grao de saúde democrática e de funcionamento. Cómpre revisar o casco de madeira dun barco antes de saír de marea, pode estar moi ben pintado no exterior e ter moi bo deseño pero o final se a madeira está podre vai entrar auga. O problema é que a desafección da política, xa dubido se interesada, non deixa ver a realidade. 

É unha vantaxe ter infiltrados nas liñas contrarias. Iso tamén pasa na vida política partidaria, moitas veces fragmentada en moitas familias e intereses

 

Hoxe non chega con ter un bo programa, con ter unha idea de País, con ser unha máquina electoral. Para que se avance na política e na sociedade é preciso un traballo en equipa co significado que ten. Con lealdade o proxecto, ás ferramentas e a Galicia.

Galicia non é allea a crise de partidos e de posicións políticas. Nun avance sen precedentes dos egos persoais,  onde cada quen se representa a si mesmo  e no mellor dos casos  ás posicións inmobilistas da acción política dos partidos.  A escala de valores está totalmente invertida en aqueles que están representados no Hórreo, sen excepción: primeiro a opción persoal de cada quen, depós as posicións de partido e incluso de partido dentro de confluencias e despois o interese de Galicia, se cadra. Campañas baseadas no líder no canto do proxecto son o síntoma máis claro. A forma de traballo tiña que ser diametralmente distinta: Galicia primeiro sempre. Esta forma de actuar ten o xerme na propia loita dentro dos partidos políticos máis representativos de Galicia onde quen controla o aparato éo todo.

Cando menos dous cabalos de Troia están xa actuando na política galega, cada quen que pense o que queira, pero pronto, cando sexa noite, sairán os mercenarios a facer o seu traballo

 

Cando menos dous cabalos de Troia están xa actuando na política galega, cada quen que pense o que queira, pero pronto, cando sexa noite, sairán os mercenarios a facer o seu traballo. Non lles importa Galicia, non teñen proxecto, a única opción é o control so seu propio reino. Os que acrediten na política que miren os detalles, grandes executivas onde por definición están 10 amigos e 40 inimigos nunha teima torpe de ter os inimigos cerca, son un síntoma a estudar dentro de moitos outros. 

Galicia precisa que os galegos e galegas ollen o casco de cada barco, non se precisan vías de auga na borrasca que chega, borrasca de reformas e negociacións, na que Galicia se xoga ser ou non ser. Confío en que o pobo galego é listo e ó final vai alborexar porque a opción xa existe.

Comentarios