xoves 06/05/21

Transición de segunda man

Porque xa aburre, porque xa amola. Porque os media xa nin disimulan o seu xeito de enxalzar os personaxiños que van salvar Espanha

Porque xa aburre, porque xa amola. Porque os media xa nin disimulan o seu xeito de enxalzar os personaxiños que van salvar Espanha, disque. Ía dicir que me traía lembranzas, mais teño que tirar de hemeroteca pola miña idade, xa que non vivín con ollos adultos a erroneamente gabada e magnificada transición espanhola, cousa polo outro lado, farto difícil, pois daquela a prensa estaba mangoneada tanto ou máis que o está agora.

Pero sabedes qué é o máis lamentábel de todo? Que nestes tempos dispoñemos de moitísmo máis acceso á información, pois está ao noso dispor a golpe de click na Internet pero non nos val de nada xa que a liberdade de prensa, da prensa xeneralista, claro, brilla pola súa ausencia. Desde arriba, as ordes do réxime seguen sendo claras, tanto como foran no 78. Espanha sen o dictador, si, mais unha, grande e libre igualmente. Diferenzas co que está acontencer hoxe en día? U-las? Crearon a Podemos para cargarse á esquerda e frear o nacionalismo como crearan o PSOE de Felipe co mesmo propósito. E dispararon ao estrelato a Ciudadanos, para que a caída do PP atopase un colchón xa que, como [email protected] sabemos, @s populares están a sufrir un trasvase de votos cara o partido de Rivera, non porque quen lles vota estea en contra das propostas reaccionarias e recortes [email protected] [email protected] - qué va! - senón porque C’s son o mesmo sen (a priori) os casos de corrupción que rebordan no PP agora mesmo. A fin, por suposto, é tirar do freo os catro partidos xuntiños (PP, PSOE, C’s e Podemos) para tratar de que os nacionalismos volten á marxinalidade da que, segundo eles, nunca deberon saír.

Con que fachenda algunhas e algúns dan leccións de rupturismo mentras caen, sabendo ou sen saber, na mesma dinámica de hai trinta anos

Para iso son as reunións de urxencia de Rajoy cun Pedro Sánchez compartindo máis que nunca espacio político co PP. De feito cando o escoito largar sobre que hai que defender a unidade de Espanha dos ataques secesionistas, dubido quen dos dous está a falar...  E con Rivera, que xa hai tempo que os adiantou a todos pola dereita. E cun Pablo Iglesias que, apoiado na irradiación espanholista de Errejón, vai todo contento a reunirse cos salvadores da súa patria. 

Todo-atado-y-bien-atado. Cómo non! 

E mentras estas reunións acontecen, [email protected] tratan de facernos crer que “@s de abaixo” estamos provocando o cambio. HA! Con que fachenda algunhas e algúns dan leccións de rupturismo mentras caen, sabendo ou sen saber, na mesma dinámica de hai trinta anos. Con que soberbia ollan para unha por riba do ombreiro como quen ten a sabedoría infinita de tódolos tempos. Con que cara miran para unha cando lles tratas de explicar que todo é unha montaxe auspiciada polo réxime establecido, que non quere cambiar o curso da política no Estado porque, efectivamente, a [email protected] váilles ben así. A [email protected], @s de sempre, virálles ben unha segunda transición.

Como era íso de “los ricos vamos ganando”... Pois iso. 

comentarios