Opinión

O futuríbel Estado palestino

I.- A creación dun estado palestino, resultado natural do proceso de Oslo, é lexítimo e sostido pola comunidade internacional

A Cisxordania, incluíndo Xerusalén leste, e a banda de Gaza, son territorios ocupados ilicitamente como o constata o Consello de seguridade da ONU desde 1967. Israel así, non posúe ningún título soberano sobre ditos territorios. A adhesión do Golán sirio, Xerusalén leste, Cisxordania e a Franxa de Gaza foron declarados nulos pola comunidade internacional. É sobre estos territorios que os palestinos aspiran a crear o seu estado. 

A resolución 181 da Asamblea Xeral prevía un reparto da Palestina entre un estado xudeo e un árabe que non vai ter repercusións sobre o terreo pola negativa das dúas partes. Do lado palestino é destacábel a Declaración d’Alger do ano 1988 na que se proclama ”… o dereito do pobo árabe palestino á soberanía e á independencia”.

Esa mesma resolución prevía asimismo que Xerusalén fose o corpus separatum dos dous estados. 

Desde o punto de vista xurídico resaltamos o principio dos pobos de disporen deles mesmos e o dereito de autodeterminación (1.2 da Carta da ONU). En efecto, a existencia dun pobo palestino é incontestábel. Máis adiante, a resolución 2625 adoptada por unanimidade pola Asamblea Xeral en 1070 pon límites a este dereito de autodeterminación: debe exercerse desde o respecto á integridade territorial e á unidade política dos estados. 

Desde o punto de vista xurídico resaltamos o principio dos pobos de disporen deles mesmos e o dereito de autodeterminación (1.2 da Carta da ONU)

O Estado palestino foi así proclamado na Declaración de Alger o 15 de novembro de 1988 e máis de 100 países recoñecérono, incluído Rusia e China. Moitos países contan cunha embaixada palestina e recoñecen aos seus membros como diplomáticos. 

Pola súa parte, a UE, na Declaración de Venecia do 1980. afirmaba ”o dereito sen restrición dos palestinos á autodeterminación, incluíndo a posiblidade dun estado, e reafirmada pola Declaración de Berlín do 1999.

Con todo, este clima pseudo cordial foi aplacado pola Segunda Intifada. Antes dela, unha longa maioría de israelíes consideraba inevitábel a creación dun estado palestino (63% en 1999).

Existe, por outra banda, un representante palestino na Liga Árabe desde 1945. O recoñecemento foi fortalecido despois da constitución da OLP en 1964 e a admisión en 1974 a UNESCO e á Asamblea Xeral da ONU, co estatuto de observador. 

Os acordos de Oslo (1993) recoñeceron ás autoridades palestinas competencias exclusivas sobre certas partes de Cisxordania e a Franxa de Gaza (zona A) e unha competencia exclusiva en materia civil sobre territorios onde Israel ten competencia pola seguridade (zona B). Na zona C Israel ten unha competencia exclusiva completa. 

II. A situación sobre o terreo dificulta a creación dun estado palestino.

Cabe dicir que os Acordos de Oslo deixaban en suspenso cuestións fundamentais como a de Xerusalén, os refuxiados e as colonias de poboación. A chegada da dereita ao poder en Israel en febrero de 2001 dificultou os achegamentos entre as dúas partes.

Con todo, xa desde Oslo o número de edificacións construídas por Israel nos territorios ocupados aumentou un 53% e a súa poboación tamén se viu incrementada. 

Os acordos de Oslo (1993) recoñeceron ás autoridades palestinas competencias exclusivas sobre certas partes de Cisxordania e a Franxa de Gaza

No ano 2000 israelíes e palestinos traballaban na cuestión de intercambiar territorios. Israel faríase con territorios extendidos na “liña verde”( instaurada despois do conflicto árabe-israeli do 1948).

A situación dos refuxiados é chave principalmente polo droit au retour que pode pór en desequilibrio a poboación xudea.

Sobre o terreo, ademais, podemos constatar a asfixia económica e financeira dos territorios palestinos, a violencia desproporcionada por parte de Israel e, pola parte palestina, a liberación de terroristas e actos tamén terroristas.

Nun estado tal das cousas achamos que ninguna das partes ten confianza na outra, radicalizándose posicións. Por exemplo o non recoñecemento de Arafat como interlocutor antes da súa morte en 2004. 

Cos sucesivos líderes da Autoridade Palestina, hoxe en día Abbas, tampouco se conquire un entendemento válido para a fin do conflicto.

3. Os territorios ocupados

Para Israel trátase dun enjeux que supón o mantemento da súa cohesion nacional mentres que pola parte de Palestina é a viabilidade dun futuro estado o que se xoga. 

A política de colonización levada a cabo por Israel é realizada desde 1967 polos diferentes gobernos israelíes.

Entre 1976-1977, co goberno traballista, a colonización foi ao comezo un fenómeno espontáneo e despois alentado por razóns de seguridade. Evitaban os espazos xeopolíticos onde a poboación árabe era máis densa.

Á fin deste periodo en Xerusalén fican instalados 45.000 israelíes. En xeral prodúcense sobre 40 implantacións, 6.000 colonos (máis 4.000 ao Golán). Outro período é o que vai de 1977 a 1992, cos gobernos do Likud e a Unión Ncional, desde os cais incítase a colonización a través de medidas financieiras, fiscais, e económicas. Á fin deste, cóntanse 100 implantacións e arredor de 115.000 colonos.

Os acordos de Oslo (Oslo I en 1993, Oslo II en 1995) non regularizan a cuestión das colonias xudeas nos territorios ocupados. No entanto. estipulan que á espera dun regulamento permanente, as partes absteranse de levar a cabo medidas que afecten o status final. Implicitamente, polo tanto, si se recollía que a colonización estaba prohibida. No dereito internacional, pola súa parte, é recollido na Convención de Xenebra a prohibición da colonización.

O goberno Rabin (92-95) quixo establecer unha distinción entre colonias estratéxicas e colonias políticas, e tamén puxo limitacións ás incitacións financieiras, pero, con todo, dicta a construción de rotas de acceso.

O goberno Netanyahu (96-99) relanza con forza o proceso de colonización que non freou o seu sucesor Barak. Durante o proceso de paz, o número de colonias aumenta dun 53% ao 72%.

Podemos afirmar que as colonias forman unha rede. Distinguiremos entre as colonias dormitorio formada por traballadores de Tel Aviv e Xerusalén, é dicir, os “colonos económicos”, e os “colonos ideoloxíco-relixiosos”. 

Israel reinvindica o “crecemento natural” das colonias, pero por outra parte constátase que un 20, 25% das vivendas nas colonias están baleiras.

Na actualidade nas colonias de Cisxordania e Xerusalén habitan 600.000 colonos. A Kenesset vén de aprobar unha nova lei para a  construción de asentamentos que é inédita nos 50 anos de ocupación é  que prevé a regularización dos mesmos. 

O secretario xeral da ONU, António Guterres, sinala que terá consecuencias internacionais por seren consideradas ilegais. 

Comentarios