Opinión

Irresponsabilidade

[María Obelleiro] 

“Non cometades o erro que cometemos nós, que fomos de vacacións e ver os avós e contaxiamos outras persoas”. É unha frase contundente de Mónica Sanz, galega que vive en Milán. Chega tarde, como a advertencia de Feixoo a todas aquelas persoas doutras comunidades que nos últimos días desembarcaron na Galiza, a quen lles comunicou que non podían vir para aquí “pasar uns días, ir de bares e restaurantes”. “Con cariño, que fiquen nas súas casas”, dixo. Por que non a principios da semana, cando os trens de media distancia agardaban polos Alvia procedentes de Madrid con estudantes e familias enteiras? Por que non cando se viron as primeiras fiestras levantadas das vivendas de vacacións das madrileñas e madrileños na costa galega?

Non se trata de ser reaccionarias, senón de ter sentido común, de ser responsábeis e xenerosas, de impedir a difusión do virus por máis espazos para evitar o colapso dunha sanidade cuxo maior capital é o seu persoal. Unha sanidade afogada polos recortes. #EuQuedoNaCasa.

Comentarios