Opinión

'La Virgen de la Cueva'

[María Obelleiro]

Tras consultar a información enviada aos medios polo Goberno galego sobre a reunión da Oficina Técnica da Seca, unha non fai máis que pensar na conselleira de Medio Ambiente rezándolle a "La Virgen de la Cueva". "Que sí, que no, que caiga un chaparrón…", así, en castelán, que é do que gosta o presidente Feixoo. Sería esta unha medida na liña das receitas expresadas no día de onte: Estar "vixiantes" e "ollar con optimismo as precipitacións" son as medidas estrela do Goberno galego contra a seca após activar a pasada segunda feira o estado de prealerta en 12 dos 19 sistemas de abastecemento da Demarcación Hidrográfica na que a Xunta ten as competencias: Galiza-Costa, cun total de 142 concellos afectados pola alarma.

Todos os sinais apuntan a que o cambio climático tamén se acelera na Galiza e como non se actúe con celeridade, seriedade e contundencia, non haberá virxe a quen lle rezar. Para comezar, o Goberno galego debería facer propia a proposta das asociacións ecoloxistas e tombar todos os proxectos eólicos previstos en brañas e zonas húmidas e os próximos a mananciais, para que non haxa que volver saír ás rúas contra a pantasma do transvasamento que aínda en 2017 pesaba sobre o río Verdugo, no sur da Galiza. En vez de encomendarnos ao ceo, actuemos.

Comentarios