Opinión

Vinte anos

[Xoán Costa]

En 1934 Carlos Gardel publicou o tango "Volver" que inclúe aquel famoso verso que afirma que “vinte anos non é nada”. O poema de Gardel e Alfredo Le Pera tivo máis de trinta versións desde a súa publicación. Algunha delas, como a de Estrella Morente na gala final de OT de outubro de 2020, alteirou a letra para defender a tauromaquía, introducindo o poema cun “nen o toureiro mata o touro nen o touro mata o toureiro, os dous xogan a vida no mesmo azaroso xogo”.

Vinte anos son os que celebra o Correlingua e, se temos en conta os máis de mil anos de existencia do noso idioma, vinte anos non é nada.

Mais neste caso vinte anos son todo. Porque o goberno de Núñez Feixoo, igual que o fixo Morente, tamén alteirou, mediante lexislación ad hoc, a letra dos moi escasos avances e consensos que o proceso de normalización atinxira no ensino coa pretensión, seguindo coa engádega de Morente de non lle perdoar a vida ao touro bravo na praza. Aquí, o único que está en xogo é a vida do galego. E o Correlingua é cada vez máis necesario.

Comentarios