Opinión

A universidade, pública

[María Obelleiro]

A futura lei para a creación da primeira universidade privada da Galiza seguirá a súa tramitación no Parlamento após superar o debate de totalidade cos votos a favor do PP e co rexeitamento de BNG e PSdeG. Unha iniciativa impulsada por Abanca que o Goberno galego defendeu como "compatíbel" co sistema universitario público. Porén, competirá coa USC, UDC e Uvigo, pois duplicará titulacións xa ofertadas. Por outra banda, crearase un novo espazo para as elites sociais, que serán as que poidan facer fronte ao pagamento das taxas.

O informe negativo do Consello Económico e Social, co rexeitamento dos reitores das universidades e das organizacións sindicais e estudantís, non lle parece suficiente ao Goberno de Feixoo, que opta por unha universidade privada no canto de incrementar o financiamento do sector público. A fuxida de capital que achega fondos para proxectos de investigación e a caída de alumnado agravará un problema de financiamento que vén de vello. E, no horizonte, atópase a proposta de universidade privada do Cesuga.

Comentarios