Opinión

Universidade pública

[Xoán Costa]

Van alá 30 anos da publicación do Decreto 3/1990 polo que nacía o actual Sistema Universitario Galego. Dábase así cumprimento á Lei 11/1989, do 20 de xullo, de Ordenación do Sistema Universitario da Galiza que, na súa exposición de motivos, afirma que a Lei pretende "contribuír a que a Universidade galega cumpra adecuadamente o papel que a sociedade ten dereito a lle asignar" e, como servizo público que é debe estar aberto a quen o sustenta realizando un permanente esforzo para achegar os seus servizos a todos os cidadáns co fin de superar as barreiras sociais e económicas que poidan ser motivo de desigualdade.

Sabemos por experiencia que só os servizos públicos poden combater as desigualdades e que o lucro está na base da privatización dos sistemas educativos. Por iso se fai necesario denunciar, como fai a Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública, este proxecto de criación dunha Universidade privada que, neste momento, é innecesaria pois o sistema público cobre toda a demanda existente.

Comentarios