Opinión

Un dato preocupante

[María Obelleiro]

Que o número de persoas xubiladas supere a de ocupadas debería quitarlle o sono ao Goberno galego. A tendencia é esa, pois a poboación maior de 65 anos duplica a porcentaxe da menor de 16. E a sangría da emigración ten moito a ver nesta realidade. As persoas expertas explican que estamos a tempo de reverter a situación. Quen conseguiu mudar estas tendencias actuou na economía para facela crecer, para crear postos de traballo dignos, e afortalou os servizos públicos. Feixoo opta por medidas como o cheque bebé, mais non mete a man na estafa da luz -vivimos nunha nación excedentaria á que espolian os recursos- ou na das autoestradas -Galiza é desde hoxe o territorio do Estado español con maior número de km de viarios de pago-. Lonxe de fortalecer os servizos públicos, aposta en inxectar diñeiro público nas grandes empresas privadas. Eis o caso dos hospitais privados, do que nos facemos eco hoxe. Así todo vai a peor.

Comentarios