Opinión

Solicitar ou gobernar

A xestión en exclusiva por parte do goberno do Estado da COVID-19, desposuíndo de toda a capacidade de toma de decisións as Comunidades Autónomas, foi sen dúbida o mellor agasallo que o presidente Feixoo pudo receber. Libre de toda responsabilidade, co Parlamento Galego disolto, cos medios de comunicación públicos controlados, facendo de presidente forte e reivindicativo nas conferencias dominicais e de experto predicador nas comparecencias de imprensa posteriores, Feixoo pudo, durante este tempo, dedicarse exclusivamente ao que lle interesaba: a controlar os tempos eleitorais e facer a campaña que pretendía reclamando aplicar na Galiza medidas que o seu partido non votaba en Madrid. Para proba a derradeira comparecencia, o pasado domingo, anunciando medidas para as que non ten competencias (abertura de pasos fronteirizos, voos internacionais) e deixando de exercer outras, como as de industria que si ten e que permitirían, por exemplo, a nacionalización de Alcoa. De solicitar Feixoo sabe moito; de gobernar, non tanto.

Comentarios