Opinión

Para que serve un profesor?

[X.M. Piñeiro] 

O protocolo da Covid-19 para o curso 2020/21 da Consellaría de Educación recibiu un rexeitamento unánime dos representantes do persoal docente e dos colectivos e asociacións de nais e pais do alumnado. A comunidade educativa convoca mobilizacións contra un documento que non é só un simple protocolo senón que permite albiscar unha forma de concibir e entender a educación por parte deste Goberno: un gasto. Por iso calquera opción vale para un curso que se vai desenvolver en circunstancias excepcionais agás afrontar un investimento maior en medios e recursos humanos e na redución de ratios.

A Xunta preséntase tarde, mal e sen vontade negociadora a unha cita que non preparou. De aí que opte por descargar toda responsabilidade sobre as costas do profesorado, que terá que sacar o metro e medir distancias entre alumnos, adquirir xel e toalliñas, realizar informes de seguimento, estar pendente da temperatura do alumnado, etc... Facer e saber de todo agás centrarse en ensinar e formar.

Señor presidente, para que considera vostede que serve un profesor?

Comentarios