Opinión

Rueda, prisioneiro da súa biografía

[Xoán Costa]

Afonso Rueda aínda non é Presidente da Galiza. Será nos próximos días. Mais, cando chegue o momento, do mesmo xeito que o seu antecesor tivo que conviver coa foto de Marcial Dorado, Afonso Rueda accederá á Presidencia da Xunta sen poder desprenderse daquela foto de febreiro de 2009 nas rúas de Compostela en que tamén aparecen Gloria Lago, Rosa Díez, Ana Pastor ou Albert Rivera. Nese día, e nesa manifestación, Rueda, secretario xeral do PPdeG, declarou,  segundo recolleron varios medios, que “en liberdade todo é posíbel mais o que non pode ser é impor unha lingua”. As mesmas teses que motivaran a convocatoria da manifestación de Galicia Bilingüe á que acudiu o agora candidato a Presidente.

2009 xa fica lonxe. Algunhas daquelas persoas da manifestación de Compostela non están na política activa e Rueda será Presidente da Galiza en virtude dun pacto sucesorio.

Se cadra, na sesión de investidura, debería aclarar aquelas imaxes e aquelas declaracións de 2009 se non quere ficar preso da súa fotobiografía.

Comentarios