Opinión

Rosón

[Xesús M. Piñeiro]

" As salas do Parlamento de Galiza levarán o nome de persoeiros ilustres da cultura galega”. Así anunciaba a propia Cámara a decisión de bautizar diferentes dependencias con nomes de persoas relevantes da nosa cultura. Escolléronse nomes como Domingo Fontán, Castelao, Mª Luz Morales ou Otero Pedrayo… e Antonio Rosón. A escolla deste último nome xera polémica. Os populares defenderon esta proposta atendendo ao papel de Rosón nos primeiros momentos do réxime autonómico, e, particularmente, a súa labor como primeiro presidente do Parlamento da Galiza.

Porén, a historia de Rosón empezou moito antes diso, lembran colectivos pola memoria histórica. En 1936 Ingresou na Falanxe e no Exército golpista co grao de alférez, encargándose de labores represivos na provincia lucense, segundo diversos investigadores, así como ocupou diversos cargos no franquismo. “Unha persoa como Rosón non pode merecer ningún tipo de honra por estar a súa figura directamente vinculada á represión franquista”, apuntan desde Iniciativa Galega pola Memoria. Un nome que bautizará, nada máis e nada menos, que a sala Xunta de Portavoces do Parlamento galego. Daquela Transición e daquela autonomía, estas consecuencias

Comentarios