Opinión

Queremos vivir en galego

A  plataforma Queremos Galego! fai un chamamento a realizar un grande acto pola lingua a segunda feira, 17 de maio, baixo o lema “Queremos vivir en galego” na Praza do Obradoiro de Compostela.  

“Queremos vivir en galego con toda liberdade, con total normalidade, sen límites, sen coaccións e sen exclusións”, demanda a plataforma convocante, que reúne ducias de colectivos e organización de diferente tipo e que se une pola súa aposta a prol do idioma.

Estudos, estatísticas e informes non paran de nos advertir da crítica situación do galego, nomeadamente entre as franxas de idade máis novas. Lonxe do desánimo, desde a propia sociedade galega impulsáronse e impúlsanse numerosas iniciativas para gañar novos espazos para o galego ou evitar retrocesos noutros. 

É a propia sociedade quen acredita no idioma propio e quen, desde diferentes perspectivas, sensibilidades e visións, sente o galego como un valor que suma. Esta segunda feira, na capital galega, sumaremos todos e todas. “Agora teño un idioma inclinado nas entrañas”, escribiu Xela Arias.

Comentarios