Opinión

O PP engordou a débeda

[Alberte Mera]

Desde o ano 2009, cando Alberto Núñez Feixoo chegou á Presidencia da Xunta da Galiza após a lexislatura de Goberno entre o PSdeG e o BNG, o Executivo conservador aumentou a débeda pública da Galiza chegando a triplicala, como onte recoñeceu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control ao Executivo no Parlamento da Galiza. Pontón recordoulle que a preferencia da Xunta por recorrer á banca privada fronte ao fondo estatal foi todo un negocio para enriquecer a banca, pagándolle a ela os intereses.  Pola súa parte, o sindicato de técnicos do Ministerio de Facenda divulgou onte as súas estimacións nas que figura que a condonación da débeda autonómica alcanzaría 1.721 millóns de euros no caso da Galiza. Porén, o líder do Executivo galego preferiu onte, unha vez máis, cargar contra a condonación desa débeda pública que o BNG arrancou como compromiso ao PSOE no acordo de investidura de Pedro Sánchez como presidente. A ver, despois deste dispendio da Xunta para engordar a banca, estaría ben non criticar con tanta enerxía esta condonación. O importante é que o presidente galego xa dixo que ía asumir a condenación. Só faltaría, termos menos recursos para sanidade ou educación por sectarismo político, cuestión, o sectarismo, que precisamente deixa o Parlamento este ano sen declaración polo 25-N ao desmarcarse o PP. 

Comentarios