Opinión

O triunfo de Madrid

[María Obelleiro]

Madrid non se explica sen o efecto sede. Os beneficios da capitalidade fixeron posíbel o desenvolvemento económico deste territorio, mediante a concentración das institucións públicas; a articulación como núcleo de comunicacións terrestres, aéreas e por camiños de ferro grazas ao deseño radial do Estado desde o século XVIII; a súa capacidade para subtraer capital ás áreas próximas e o apoio as empresas nela instaladas. Neste sentido, explícase a constante fuga de compañías cara a Madrid e a localización na cidade de 4.165 sociedades galegas ou que obteñen na Galiza unha parte determinante dos seus beneficios.

Os datos non deixan lugar a dúbidas: no segundo semestre de 2019, último ano con cifras fechadas, no primeiro semestre de 2019 Madrid ingresou 69.932 millóns de euros dos 149.221 millóns de euros de impostos totais, é dicir, o 46,9% do conxunto dos tributos do Estado malia contar co 14,3% da poboación. Especialmente significativo foi o acontecido co Imposto do Valor Engadido (IVE) polo que Madrid recadou nese período 26.593 millóns de euros, o que significou o 49,2% do total. Isto significa que o efecto sede provocou que a metade de todas as facturas con IVE se pagasen a empresas instaladas fiscalmente en Madrid.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios