Opinión

O Pazo é do pobo

[María Obelleiro] 

Espolio. Isto é o que representou o roubo do Pazo de Meirás ao conxunto da poboación. Unha manobra de Franco marcada pola coacción, como lembrou na vista previa do xuízo sobre a propiedade do Ben de Interese Cultural a avogacía do Estado. Non houbo acordo, pois os herdeiros do ditador defenden a lexitimidade do saqueo. "Que foi un agasallo é verdade", salientou a representación legal dos Franco en relación á compra fraudulenta e simulada sobre a que se artellou a demanda.

O de Meirás non é o único caso, pois os herdeiros son titulares de propiedades inmobiliarias froito do roubo, entre outras, da Casa Cornide e das estatuas do Pórtico da Gloria. Estes bens, do que é símbolo principal o pazo, seguen sen ser restituídos ao pobo galego nun franquismo pos Franco que non repara as inxustizas dun réxime marcado pola represión, polos asasinatos e polo latrocinio. Trátase agora de facer xustiza e de recuperar o que é do pobo galego, mais sen que iso represente máis lucro para os Franco.

Comentarios