martes 04/08/20

O Bierzo

Que o Bierzo ten uns innegábeis e aínda vivos elementos de ligazón coa Galiza é tan evidente como que a heteroxeneidade e ampla riqueza da comarca vai máis alá. "As raíces etnográficas, históricas, culturais e lingüísticas do Bierzo sempre existiron con carácter diferencial propio e as mesmas circunscríbense dentro das do conxunto do pobo galego", sinalaba o movemento ‘A Quinta’ no seu manifesto fundacional, presentado hai uns días. Independentemente do posicionamento que cada un das e dos bercianos teña sobre a integración ou non na Galiza, cuestión no que deben ser só eles e elas as que decidan, a defensa e protección na comarca dos vencellos culturais e lingüísticos coa Galiza é algo que pertence a toda a poboación do Bierzo. En 2021 fanse 200 anos da provincia do Bierzo –que Vilafranca, Valdeorras e O Bolo coa mirada de referencia na Galiza– é unha boa oportunidade para coñecérmonos e aprender dun territorio tan orgulloso de seu como celoso da súa identidade. Esa que partillan con perto de tres millóns de compatriotas.

comentarios