Opinión

Nova e vella Galiza

[Xoán Costa]

No S.XVI a toponimia deste lado do Atlántico foi replicada na América. É o caso do Reino de la Nueva Galicia, en México, así denominado por Isabel de Portugal, raíña en ausencia de Carlos I, que deu orde para así denominar ese territorio e fundar unha cidade co nome de Compostela onde estaría a capital. A cidade, daquela chamada "Santiago de Galicia de Compostela" forma parte hoxe do estado de Nayarit. Anos máis tarde a capital pasou a Guadalajara e Compostela quedou en segundo plano.

A conquista de Nova Galicia exemplifica un período de violencia estrema do colonialismo español; o submetimento da vella Galiza foi, se cadra, menos violento pero mais prolongado. Desde 1821 o reino da nova Galiza xa non existe. Polas mesmas datas aquí, na vella Galiza, desapareceu o concepto de Reino da Galiza. México é unha república. Oficialmente fálase, para se referir a aqueles territorios, de "occidente de México". A España é unha monarquía que, cada vez con máis frecuencia, se refere a nós como "el noroeste de España".

O centralismo nunca oculta a face.

Comentarios