Opinión

No limbo

[María Obelleiro]

A finais do ano pasado había na Galiza 61.636 persoas que recibían atención á dependencia  das  70.092  que  teñen  aprobado  o servizo. Así, case 8.500 galegas e galegos agardan no limbo á espera de reci-biren un servizo ao que, por lei, teñen dereito. En comparación coa media do Estado español, practicamente todos os indicadores relativos á dependencia amosan  un  retroceso  na  Galiza,  territorio onde, ademais, as pensións son máis  baixas.  A  isto  hai  que  engadir  o atraso, de até nove meses, na tramitación das valoracións de dependencia.

Á espera pola concesión das prestacións séguelle a do acceso ás residencias, po-las que poden chegar a esperarse anos. A axuda para que a persoa dependente acceda a un recurso privado é cativa en relación ao custo das prazas. Neste con-texto, penalízase as persoas dependentes e mais as súas familias, principalmente as mulleres, sobre as que recae o traballo dos coidados. É preciso máis investimen-to  para  contar  con  recursos  que  fagan efectiva unha lei fica en papel mollado.

Comentarios