Opinión

Mover os marcos da Europa

[Xoán Costa]

Hai uns días, o Nobel de literatura Abdulrazak Gurnak alegrábase do recebemento dado ás persoas refuxia-das procedentes da Ucraína e, ao tempo, lamentaba que esa hospitalidade non se estendese tamén a afgáns, sirias ou iraquís.

Esta mesma semana, Iria Veiga reflexionaba neste medio sobre o racismo presente nas informacións que recebemos da guerra en Ucraína e como se transmite a idea de solidariedade con aquelas persoas en base a un factor racial.

Mais esas, chamémoslle “anomalías informativas” van máis alá e chegan a identificar e facer equivalente a xeografía -o continente Europa- coa xeopolítica -a Unión Europea. Se non for así non se podería entender que se diga que a guerra se desenvolve na fron-teira leste da Europa cando é evidente que a Ucraína está máis próxima ao centro que ao leste do continente que se estende do Atlántico aos Urais. De Fisterra a Kiiv hai 3500 kilómetros e de Kiiv a Cherdyn, unha poboación dos Urais centrais, cordilleira que marca o límite leste do continente, 2500.

Mais sempre podemos mover os marcos como nos conveña.

Comentarios