Opinión

Labazada da Xustiza á Xunta

[Alberte Mera]

Se algo ensinaron as últimas crises é que a Gran Recesión iniciada en 2008, a crise económica derivada da emerxencia sanitaria da Covid-19 e a crise de prezos actual é que o libre mercado non existe para as grandes corporacións, e que son os Gobernos cos cartos públicos quen rescatan as grandes empresas cando se arruínan e son quen favorecen a súa acumulación de capital. Vímolo na Gran Recesión co rescate á banca especulativa, vímolo na pandemia e vémolo agora con dous novidosos feitos, na Galiza e na UE.

Onte, a UE acordou manter o sistema de pór prezos a toda a enerxía en función do tipo de enerxía que máis caro teña ese día o prezo, é dicir, a UE consolida os coñecidos como “beneficios caídos do ceo para as eléctricas”. Eléctricas, cómpre recordar, que no Estado español medraron grazas ao apoio que lles da ditadura de Franco con cartos públicos, e non esquezan que Fenosa de Pedro Barrié pasou de ser marxinal a enriquecerse grazas a roubar a compañía eléctrica do coruñés e demócrata José Miñóns, cando este foi fusilado polo franquismo.

Onte, o Tribunal Supremo tirou das orellas á Xunta da Galiza, pois moito libre mercado defende o PP, mais ao final ratificouse a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza que estabelece que Monbus e Alsa se repartiron o mercado ilegalmente, e a Xunta non só mirou cara a outro lado senón que ademais saíu ao seu auxilio recorrendo a sentenza do TSXG ante o Supremo, que agora lle tira ben das orellas.

Comentarios