Opinión

Invisibilizadas

[María Obelleiro]

Os sectores feminizados adoitan ser os máis precarios, cunha taxa de temporalidade alta. Neste número de Nós Diario referímonos a un deles: o do fogar, onde os contratos son, practicamente, inexistentes e que representa un dos exemplos paradigmáticos da discriminación estrutural das mulleres na esfera laboral. Traballos que, como o dos coidados ou os agrícolas, sosteñen a vida son os que peor pagados están e os que comportan peores condicións. 

No caso que nos ocupa, os das traballadoras do fogar, que na Galiza son unhas 25.000 mulleres, non existe o dereito ao subsidio por desemprego. A este respecto, o avogado xeral do Tribunal de Xustiza da UE ten afirmado que a lei española que impide a estas empregadas cotizar para acceder á prestación é contraria ao dereito comunitario ao introducir unha discriminación indirecta por razón de sexo. Poñamos os lentes lilas para facer visíbeis aquelas que son invisibilizadas.

Comentarios