Opinión

Incendios. Resignación cero

[Xoán Costa] 

Antes de se iniciar a actual campaña de incendios a Xunta estimaba como un resultado asumíbel que non ardesen máis de sete mil hectáreas, seguindo a liña dos dous anos anteriores. Máis tarde, o obxectivo elevouse ás vinte mil e no final de xullo e comezos de agosto varios grandes incendios arrasaron con máis de dúas mil cinco centas hectáreas.

Vinte mil hectáreas é moita superficie aínda que fique lonxe da superficie queimada en anos precedentes. Sete mil hectáreas segue sendo moita superficie se iso significa que é inevitábel pagar anualmente un tributo ao lume e aínda que se manteña na liña do queimado nos derradeiros anos. Porque non existen razóns para que arda un só metro cadrado de monte. Sabemos que hai actividade incendiaria intencional. Sabemos que hai especies arbóreas que arden con máis facilidade que outras e que grandes superficies de monte raso son consumidas polas chamas. Mais non vale resignarse perante esta evidencia como se fose un castigo divino. É preciso actuar con máis medidas preventivas, incluída a ordenación do monte segundo o contexto do século XXI.

Comentarios