Opinión

'In vesti dura' ou investidura

[Xoán Costa]

Afonso Rueda pronuncia o seu discurso de investidura sabendo que non hai espazo para a sorpresa. A sombra de Feixoo seguirá aparecendo en cada canto do Pazo de Raxoi e as valoracións sobre a súa figura, que o mostran como un político conciliador, un bon xestor e, seica, firme candidato á Moncloa serán a herdanza coa que necesariamente terá de conviver o novo presidente. Mais, como pode considerarse bon xestor un presidente que despois de 13 anos deixa unha Galiza máis endebedada, con máis desemprego, máis emigración e uso do galego en menos espazos? Como se pode confiar nunha persoa que afirma descoñecer o que fai unha Secretaría Xeral del dependente tal como afirmou da secretaria xeral de Medios?

A partir do sábado Rueda pode acollerse ao significado de investidura que o habilita para acceder ao exercicio de determinadas funcións de goberno ou pode optar por deixar a roupa cómoda que supón seguir á sombra de Feixoo e cubrirse in vesti dura, isto é, vestir as ásperas roupaxes da realidade da Galiza que deixa Feixoo.

Comentarios