Opinión

Galeguicidio no ensino

[María Obelleiro]

O    medio escolar é "hostil" para o galego. Precísanse máis evidencias? Pois eis a última: a presentada na tarde de onte pola Real Academia Galega e polo Concello de Ames. Unha investigación que constata que o sistema educativo exerce "un forte efecto desgaleguizador". Os datos amosan a perda de 10% de galegofalantes iniciais xa no primeiro contacto coa escola, na etapa infantil. Unha cifra que aumenta cos cambios de ciclo. Na secundaria, só 11% do alumnado é galegofalante, outro 11% bilingüe e 77% españolfalante.

O coñecido como decreto do plurilingüismo, que prohibe impartir na lingua propia da Galiza materias das áreas científico-técnicas, é a enfermidade que produce os citados síntomas e que conduce cara ao galeguicidio. O PP é coñecedor de que a expresión da identidade da Galiza está principalmente no idioma –"Se somos galegos é por obra e graza do idioma", que dicía Castelao-. O PP sabe que non é preciso a extirpación biolóxica para acabar cun pobo, chega con suprimir a súa identidade. Nesas andan.

Comentarios