Opinión

Foise co vento

[María Obelleiro]

Non nos referimos ao filme que narra a historia de Scarlett O’Hara, senón aos impostos que escapan dos aeroxeradores que inzan os montes da Galiza, pois as principais operadoras enerxéticas son foráneas e pagan o Imposto de Sociedades lonxe de aquí. Cómpre camiñar cara a un modelo que non se dedique a explotar o vento para engrosar as contas dos de sempre, senón que sente as bases dunha actividade de desenvolvemento industrial capaz de crear riqueza. Esa riqueza debe reverter, directamente, na veciñanza. Non é unha utopía. Para exemplo, Muras, un concello con máis de 380 muíños e onde a prioridade é a xustiza social e o dereito ao acceso de enerxía.

Se padecemos os custos sociais, medio ambientais e de saúde derivados da actividade enerxética, o lóxico será sermos compensadas e compensados coa bonificación do consumo e non soportar, como até o de agora, unha das tarifas enerxéticas máis altas do Estado. Porén, nin Goberno español nin galego están polo labor. As portas xiratorias de Beatriz Mato non son unha casualidade.

Comentarios