Opinión

Financiamento

[María Obelleiro]

O agravio que supón para a Galiza o novo modelo de financiamento no que traballa o Goberno español é tal que mesmo o advirte un economista como Ángel de la Fuente, defensor dos postulados neoliberais. Neste número facemos alusión ao novo informe realizado por De la Fuente para Fedea, a Federación de Estudos de Economía Aplicada, laboratorio de ideas de cabeceira das empresas do Ibex. No estudo, asegúrase que a fórmula de poboación axustada prexudica a Galiza. Segundo os seus cálculos, a proposta do Ministerio de Facenda reduciría o financiamento que recibiría a Galiza nun 2,7%.
O economista e autor de As contas que nos contan, libro publicado por Sermos Galiza S.A. e que lles recomendo, Xosé Díaz, leva anos denunciando que a Galiza é unha das autonomías peor financiadas do Estado español. Para mostra, os datos de 2019, os últimos dispoñíbeis: O Estado recadou en impostos un mínimo de 13.222 millóns de euros, pero só reintegrou 8.650 millóns -6.256 procedentes de ingresos tributarios e 2.393 de transferencias do Estado-, co cal, perdeu nesa anualidade 4.562 millóns. Non é pouco!

Comentarios