Opinión

Felicidade mórbida

[Xoán Costa]

"Esta non será a miña última sesión de control, será a derradeira". Así, con esas precisas palabras, puxo fin Núñez Feixoo ás comparecencias parlamentares como presidente. Impecábel precisión semántica asentada na copla popular: "Aí vos vai a derradeira, aí vos vai a despedida, aí vos vai a derradeira, acabouse a chiculateira, acabouse o chiculate, rompeu a chiculateira". Mais Feixoo non cantou a copla completa. Sen dúbida temeroso de que se poida torcer ese estado de felicidade mórbida que –asegura– desfrutou no Parlamento, pois enfermizo é afirmar, desde tribuna tan relevante, que se é feliz mentres aumenta o desemprego, a emigración ou a desigualdade social; mentres a lingua que dis defender e por obriga estatutaria debes protexer, é desposuída de ámbitos e usos que lentamente fora adquirindo desde os tempos da invasión francesa.

Feixoo non cantou a copla completa. Sen dúbida temeroso de como pode entender o seu sucesor, Afonso Rueda, as referencias da copla ao fin do chocolate e á ruína da chocolateira.

Comentarios