venres 23/07/21

Facer as cousas ben

[Xesús M. Piñeiro]

Non deixa de sorprender que procesos de cribado que se están a desenvolver na Galiza e nos que participan ducias de miles de persoas deixen como resultado apenas uns poucos positivos. Permitiría pensar iso que apenas hai casos de Covid-19 mais os propios datos diarios do Sergas semella que desmenten esa explicación: os contaxios rexistrados continúan por riba de mil cada día e a presión nas UCI mantense. 

Nos cribados participan profesionais sanitarios que saben ben o que é facer fronte a tarefas case hercúleas, dedicando tempo e esforzo. Non é, pois, por aí onde pode haber unha explicación a esa situación: miles de persoas participando nun cribado e un escaso número de casos detectados.

Pode que a explicación estea no que advirten expertos e estudos epidemiolóxicos: que se este proceso de cribado non se deseña ben (determinando ben a que ‘target’ de poboación vai dirixido) é como “disparar ao aire”. Un malgasto de tempo e recursos nun momento de emerxencia. Un luxo que non se pode permitir, e menos agora.

comentarios