Opinión

De entroidos e coresmas

[María Obelleiro]

Seica Feixoo ve a política española como “un entroido”. De “carnaval” cualificou a saída de Iglesias do Goberno de Sánchez e o paso de Díaz á vicepresidencia segunda. E mentres fala da política española, que é da que el gosta, desvía a atención da caixa B do Partido Popular e, en concreto, da contía que presuntamente achegaría, de maneira irregular, o PP de Pontevedra, segundo manifestaron Bárcenas e o daquela xerente do partido, Páez.

Tería moito que dicir sobre isto Sr. Louzán, mais tamén o conselleiro Rueda e o propio Feixoo, pois formaban parte do núcleo duro do PP naquela época. Louzán foi unha das pedras angulares na recomposición do PP en Pontevedra tras perder a Xunta da Galiza, mentres que Feixoo presidía o partido a nivel galego e Rueda exercía de secretario xeral da organización. Os populares galegos fíano todo á xustiza, e desbotan referirse ao caso de corrupción. Eludir as explicacións incrementa a sospeita arredor da trama do financiamento irregular do partido. Se non hai nada que agochar, por que non interveñen ao respecto en sede parlamentar?

Comentarios