Opinión

Ensino presencial e mascarado

[Xoán Costa]

Dous anos despois de ser desagregada de Cultura, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria fica integrada de novo nesta área, nun contexto que será, sen dúbida, a etapa máis complexa de todas desde que iniciou a súa andaina en 1982 con Francisco Cacharro Pardo como conselleiro.

Sabemos que, con pandemia ou sen ela, o éxito dun sistema educativo depende de en que medida estean ben compaxinados alumnado, familia e profesorado. É preciso estabelecer protocolos que garantan a presencialidade como elemento básico dun sistema que pretenda ir alén da mera transmisión de coñecementos e aseguren da mellor maneira posíbel a saúde de todas as partes afectadas. É a obriga das autoridades educativas, que non deben esquecer que a máscara mascara as emocións mais non impide que estas afloren. Mascaramento e distancia son elementos estresantes e contrarios aos hábitos sociais que tamén haberá que considerar.  Substituír unha psicóloga por un xeógrafo á fronte do sistema educativo da Galiza non vai ser suficiente.

Comentarios