luns 25.05.2020

Eleccións que serán ou non

[Xoán Costa]

De vangarda vai ser o escenario eleitoral para o 12 de xullo. E refírome só á posta en escena. Imaxinen unha mesa eleitoral en que as persoas que a forman levan máscara, luvas, están detrás de mamparas e separadas entre si dous metros. Sen cabinas de votación pois habería que as desinfectar despois de cada uso. Sen sobres e papeletas nas mesas que poidamos tocar.

E os interventores e interventoras? Van tamén manter a distancia social? Quen se coloca máis perto da mesa? E xa postos, contemplan os informes xurídicos a posibilidade de, por parte da mesa, solicitar a un eleitor, unha eleitora, que retire a máscara para a poder identificar correctamente? E cal vai ser a credibilidade e a limpeza dun proceso eleitoral con mitins socialmente distanciados e o voto condicionado por dous ou tres debates televisivos?

Son perguntas absurdas, con certeza. Como absurdos son os argumentos utilizados para levar adiante unha convocatoria que contempla a posibilidade dun novo adiamento se ese contaxio previsto para despois do 12 chegar antes. Futurismo moito. Vangarda, ningunha.

comentarios