martes 11/08/20

Editorial: A espera

O Sergas publicou esta sexta feira os dados das listas de espera na sanidade pública galega a 31 de decembro de 2019. Os responsábeis do Servizo gabáronse de que nestes meses se reduciran as esperas das persoas usuarias en todos os campos, e o seu xerente, Antonio Fernández-Campa, mesmo afirmou que son as mellores cifras de “toda a serie histórica”.

Asociacións de pacientes, profesionais da sanidade e sindicatos volven lembrar que neses datos o Sergas computa unicamente unha porcentaxe das persoas que están en espera no sistema sanitario galego: as que figuran nas listas de espera estruturais, coa súa cita asignada. Mais hai moitas outras pacientes que tamén esperan e que non existen para a Administración, non computan. Son, por exemplo, as que se negan a que se lles derive á privada -e que ao negarse ‘caen’ da lista-. Ou ás que se lles retrasa a cita por diferentes cuestións (laborais, familiares...). Ou ás que se lles adía a petición cun simple “xa lle chamaremos”.

Todas elas pacientes que esperan e que non existen para o Sergas.

comentarios