Opinión

Crebemos o xugo do pasado

[María Obelleiro]

Ante a grave crise que se aveciña, é fundamental reivindicarmos os dereitos da clase traballadora e non permitir que, máis unha vez, o peso dos recortes recaia sobre as mesmas e os mesmos. Temos ben recente a experiencia da crise de 2008, onde os Gobernos apostaron en salvar os bancos e empobrecer máis a inmensa maioría da poboación. Debemos crebar con esas prácticas e defender as conquistas laborais e sociais, tendo en conta as que se nos furtaron nos últimos anos. Unha política fiscal galega e socialmente xusta -para garantir o benestar social e o apoio aos sectores produtivos- e o recorte de partidas orzamentarias como a destinada á Casa Real española e ao Exército español son alternativas das que dispoñen os Gobernos afrontar unha crise que, de momento, están a pagar xa milleiros de traballadoras e traballadores que ficaron sen emprego e as que cada día teñen que saír á rúa desprovistas da protección necesaria desde a primeira liña de loita contra a pandemia: as sanitarias e as que non o son.

Comentarios