Opinión

Chove sobre mollado

[Xesús M. Piñeiro]

A pandemia fixo de 2020 un ano anómalo en moitos aspectos, tamén no económico e laboral. Mais no que 2020 non foi anómalo foi na sinistralidade no traballo. A pesar do confinamento e da parálise na actividade económica, na Galiza perderon a vida o ano pasado en accidentes laborais 59 traballadores e traballadoras, 2 menos que en 2019, un exercicio no que a actividade económica e laboral foron moi superiores. 59 persoas falecidas e que alargan esa listaxe negra de 500 traballadores e traballadoras que perderon a vida entre 2010 a 2019.

O índice de incidencia (accidentes por cada 100.000 traballadores e traballadoras) dos sinistros laborais mortais é na Galiza de 5,31, moi superior á media do Estado español, onde está en 3,27%. En 2020 rexistráronse máis de 24.000 accidentes no traballo. Galiza segue a liderar, un ano máis, a mortalidade en sinistralidade laboral. Figura, tamén, no podio dos territorios do Estado con máis empresas perigosas para a saúde dos seus traballadores e traballadoras.

Ano tras ano, chove sobre mollado.

Comentarios