luns 25.05.2020

Cen números, cen grazas

[María Obelleiro] 

Sumamos con este cen números do único diario en papel, en galego e cunha axenda propia, que pode atoparse nos quioscos. Cen números cuxo compás marca o norte na Galiza, mais tamén no mundo, sempre a ollada desde Nós. A esta cifra redonda sumarase en breve á do semanario Sermos Galiza, que está a piques de contar coa súa edición 400. Detrás de cada un destes números estades vós, as persoas accionistas, as subscritoras, as lectoras, as colaboradoras... tamén as entidades que elixides as nosas páxinas e a nosa web para vos anunciar.

Estes cen foron exemplares complexos. Non só polo que representa comezar un proxecto destas características, senón polo tempo en que nos tocou nacer, coas dificultades engadidas dun teletraballo que aínda complicou máis a travesía. Mais continuamos con toda a forza e coa vontade de mellorar e de salvar as eivas. Agora é tempo de superármonos, de sumar mans que contribúan a facer de Nós Diario un colectivo maior e de difundir un xornalismo galego que rache co pensamento único. Subscribirse é unha magnífica opción.

comentarios