Opinión

Canto custa un asento na OTAN?

[Alberte Mera]

A OTAN comunicou a fin do veto de Turquía á entrada de Finlandia e Suecia na alianza. Ambos os países nórdicos "comprométense a apoiar plenamente Turquía contra as ameazas á súa seguridade nacional. Isto inclúe seguir modificando a lexislación nacional, tomar medidas enérxicas contra as actividades do Partido dos Traballadores de Kurdistán (PKK) e chegar a un acordo de extradición con Turquía". Así ficou resolto o veto de Turquía, que acusou nestas semanas a Suecia e Finlandia de estar en contacto coas milicias kurdas das Unidades de Protección Popular (YPG) e do PKK, organizacións que o réxime de Erdogan cualifica de terroristas e persegue. Turquía mantén a represión sobre o pobo kurdo e persegue calquera manifestación política do mesmo. Nos últimos meses, nais de presas e presos do prokurdo HDP están a realizar diante do Palacio de Xustiza de Istambul a actividade 'vixilia e xustiza' para pedir a liberación de, canda menos, quen está gravemente enfermo e, pese a ter cumprido condena, segue encarcerado por non declarar arrepentimento. Un asento na OTAN é todo o que custa a loita das kurdas que paran o ISIS no Estado Sirio e impiden que o Estado Islámico se estenda por Europa. Así paga Europa e a OTAN.

Comentarios