Opinión

Bispos

[Xoán Costa] 

Os bispos españois estiveron onte, como romeiros, en Compostela. Feixoo estivo con eles. E mentres lles bicaba o anel,  o responsábel dos  bispos, en conferencia de prensa, argumentaba que apenas existían casos de abusos ligados á Igrexa Católica mentres eran moi numerosos os habidos noutras institucións, como as deportivas. Enfadado, pergúntase a razón de os medios poren o foco só na Igrexa se, oh ironía, case non hai casos entre o persoal consagrado, pode que algún entre catequistas ou profes de relixión.

Resulta difícil asimilar tanto fariseísmo  - en estrito sentido bíblico- e como se pode ver o lixo no ollo do próximo e non ver o montón de esterco  que se acumula no ollo propio. 

Poucos son os casos - o 0,8% do total- di.  Espanta tanta covardía moral. Un millar de casos de abuso son - di o bispo - poucos e non requeren nen condena, nen investigación nen compensación moral, xa non digamos económica.

Vai resultar que tiña razón o cura daquela parroquia que desde o púlpito advertía: facede o que eu vos digo, non o que eu fago. Triste lección.

Comentarios