Opinión

As últimas da fila

[Alberte Mera]

Ao final de todo, canda o de Madrid, sitúase o Goberno galego na escala de investimento en servizos públicos no Estado. O estilo Rueda ao que facía alusión o actual presidente da Xunta da Galiza cando foi designado por Núñez Feixoo para substituílo á fronte do Executivo galego parécese e moito ao de Isabel Díaz Ayuso. Que terríbel é parecermos as galegas e os galegos a Gobernos como o de Madrid, que apenas destinan 3.963 euros por habitante ao ano a servizos públicos. Que pertiño estamos de Madrid, cos 2.989 que destina o Executivo galego e que lonxe de Nafarroa (3.963).

Nesta loita que tanto Díaz Ayuso como Alfonso Rueda teñen declarada á progresividade impositiva quedan ao final da cola as galegas e os galegos porque sen impostos non hai, por exemplo, sanidade de calidade. Como informa hoxe este xornal, hai na Galiza 261.781 persoas en lista de espera estrutural na sanidade galega e o servizo Galego de Saúde viu aumentada en 17.000 persoas as listas de agarda. Os aleccionadores do neoliberalismo recoñecíano esta semana: o Fondo Monetario Internacional avisaba que sen progresividade fiscal non se superará a inflación. Mentres, na Xunta puxéronse do lado da minoría de grandes fortunas para evitar impsotos a quen amasa elevadas sumas de diñeiro. Inclinen a balanza, por favor. Financien os servizos públicos.

Comentarios