Opinión

Aristocracia bancaria

[Xoán Costa] 

Hai unha década o Estado gastou máis de 100.000 millóns de euros no rescate bancario. En 2021 o número de banqueiros con soldos de máis de 1.000.000 de euros, segundo os datos da Autoridade Bancaria Europea, é de 221, fronte aos 128 de 2020, sendo un banqueiro español o que maior retribución recebeu en 2021 de toda a UE, con 14,67 millóns de euros. A retribución media dos banqueiros millonarios no Estado é de 2,16 millóns, fronte aos 1,8 millóns de promedio europeo. É a cifra máis alta desde 2010, primeiro ano con datos deste teor. En total, e no ano 2021, foron 478 os millóns percebidos por estes executivos. En paralelo, o feche de oficinas bancarias, que nalgunhas comarcas da Galiza supera o 50% das existentes, é constante; a perda de postos de traballo, continua; o incremento das tarifas e dos custos dos servizos bancarios, permanente. O soldo medio dunha persoa empregada de banco na España é de 27.800 euros brutos por ano, isto é uns 1.500 euros netos por mes. Que máis se pode dicer?

Comentarios