Opinión

O novo está por escribir

Ao poucos minutos de coñecerse a noticia da abdicación do monarca español lía nunha rede social este comentario “Hoxe, 2 de Xuño de 2014, remata a transición española. O novo está todo por escribir...” e considero que este comentario escrito por Carme Fiaño e o mellor xeito de resumir este momento  histórico.

Ao poucos minutos de coñecerse a noticia da abdicación do monarca español lía nunha rede social este comentario “Hoxe, 2 de Xuño de 2014, remata a transición española. O novo está todo por escribir...” e considero que este comentario escrito por Carme Fiaño e o mellor xeito de resumir este momento  histórico.

"Nesa monarquía @s franquistas conseguiron un pacto que os blindaba fronte á asunción de responsabilidades polos crimes cometidos en corenta anos de ditadura"

Na figura do rei impúxose a monarquía no estado español como herdeira directa da ditadura franquista, e nesa monarquía @s franquistas conseguiron un pacto que os blindaba fronte á asunción de responsabilidades polos crimes cometidos en corenta anos de ditadura; un pacto que non debemos esquecer que foi asinado por quen traicionaron a toda a xente que durante anos mantiveron na clandestinidade unha loita que lles acarreou represión, torturas, cadea, exilio e mortes. Un pacto do que algúns asinantes renegan agora pero a historia está aí.

Coa abdicación de Juan Carlos I dase por rematada unha transición que non foi democrática, e desa falla de democracia sabe moito o nacionalismo; pero o sistema quere un punto e seguido e non un punto e aparte rematando coa monarquía e abrindo un proceso constituínte no que as nacións que hoxe forman parte do estado español poidan decidir libremente o seu futuro.

"Coa abdicación dase por rematada unha transición que non foi democrática pero o sistema quere un punto e seguido e non un punto e aparte rematando coa monarquía e abrindo un proceso constituínte no que as nacións poidan decidir o seu futuro".

A monarquía hoxe está totalmente desprestixiada e incluso moitos dos que dicían que non eran monárquicos pero declarábanse juancarlistas renegan da súa figura. Conscientes dese desprestixio da institución monárquica e dun sistema político froito daquel pacto os poderes fácticos do estado deciden poñer en marcha unha operación para lavar a faciana e tapar os escándalos e a corrupción, vendéndonos unha nova parella real moderna e adaptada aos tempos, un novo produto que levan publicitando hai xa tempo e podemos comprobar como desde que se soubo a media mañá de hoxe a noticia da abdicación todos os medios de comunicación do sistema dedícanse con toda a énfase que lles é posíbel a vendelo.

Pero o futuro non está escrito e depende en grande parte de nós que este feito supoña un verdadeiro punto e final co franquismo e coa súa herdanza. Non podemos permitir que nos rouben o futuro unha vez máis e nesa loita o nacionalismo debe estar en primeira liña defendendo o dereito de Galiza a construír o seu propio futuro, un futuro republicano, É a hora da República Galega.

Comentarios