Opinión

Cuba resistiu e venceu

Eisenhower, Kennedy, Johnson, Nixon, Ford, Carter, Reagan, Bush, Clinton, Bush e Obama foron as caras do imperialismo norteamericano fronte a Cuba, as cabezas dun imperio empeñado en impedir que unha pequena illa do Caribe exercera a súa soberanía e emprendera libremente o seu propio camiño para construír unha sociedade alternativa despois de derrotar á ditadura de Fulgencio Batista.

Eisenhower, Kennedy, Johnson, Nixon, Ford, Carter, Reagan, Bush, Clinton, Bush e Obama foron as caras do imperialismo norteamericano fronte a Cuba, as cabezas dun imperio empeñado en impedir que unha pequena illa do Caribe exercera a súa soberanía e emprendera libremente o seu propio camiño para construír unha sociedade alternativa despois de derrotar á ditadura de Fulgencio Batista.

"O intercambio de prisioneiros que se produciu onte, o recoñecemento por parte de Obama do fracaso da política aplicada até o momento para rematar co “problema cubano”, o anuncio de conversas para restablecer relacións diplomáticas...,  son un triunfo do povo cubano",

A poucos días de cumprirse o 56 aniversario do triunfo da revolución e da entrada dos barbudos na Habana prodúcese unha decisión histórica que levabamos décadas agardando, Cuba e os EEUU veñen de decidir normalizar as súas relacións como estados soberanos e restablecer as relacións diplomáticas, unhas relacións diplomáticas que foron rachadas de xeito unilateral polos Estados Unidos o 3 de xaneiro de 1961, uns EEUU que tres meses despois de adoptar esa decisión tentaron rematar co proceso revolucionario por medio da invasión de Bahía Cochinos que foi derrotada polo exército cubano e abriu un novo período no que o povo cubano adquiriu consciencia de que o imperialismo tentaría por todos os medios de poñer fin a unha experiencia política contraria á doutrina Monroe, un presidente norteamericano que no século XIX deixou claro coa frase “América para os americanos” o que farían posteriormente todos os que o sucederon na Casa Branca considerando todo o continente americano da súa propiedade.

O intercambio de prisioneiros que se produciu onte, o recoñecemento por parte de Obama do fracaso da política aplicada até o momento para rematar co “problema cubano”, o anuncio das xestións para retirar a Cuba do listado de países que fomentan o chamado terrorismo internacional, o anuncio de conversas para restablecer relacións diplomáticas...,  son un triunfo do povo cubano, un povo que desde o inicio do bloqueo total ordenado por Kennedy o 3 de febreiro de 1962 pasou por moitas dificultades debido á imposibilidade de manter unha libre política comercial co resto do mundo, dificultades agravadas coa caída da URSS que deu paso a unha grave crise entre 1991 e 1998 coñecida como período especial, crise que se ben noutros países tería provocado grandes revoltas sociais en Cuba afrontouse con dor e privacións pero cunha firmeza da maioría da povoación convencida da necesidade de resistir pois o contrario suporía con case toda seguridade caer nunha situación como a da maioría dos países do entorno que non deixaban de ser simples colonias dos EEUU con todos os problemas e privacións que iso supoñía e sen as supostas vantaxes que debería conlevar ser aliados da primeira potencia mundial.
Nesta tarde xa varios supostos analistas imparciais, que á hora da verdade son simples propagandistas do sistema capitalista responsábel da actual situación mundial de inxustizas e privacións para a maioría da humanidade, empezaron a falar de que se lle acabaron as escusas a Cuba, querendo transmitir a unha opinión pública pouco informada a idea de  que o bloqueo era unha simple palabra referida á alta política, unha entelequia que non afectaba á vida diaria dos cubanos e cubanas. 

"Cuba non tiña unha escusa, Cuba tiña e ten aínda un bloqueo criminal, un bloqueo imposto por quen non asume o dereito dos povos á soberanía e a escoller o seu propio camiño".

Cuba non tiña unha escusa, Cuba tiña e ten aínda un bloqueo criminal, un bloqueo imposto por quen non asume o dereito dos povos á soberanía e a escoller o seu propio camiño.

A nova situación que se abre non levará ao povo cubano ao paraíso, desaparecerán algúns problemas xa coñecidos e aparecerán outros totalmente descoñecidos, e moi posibelmente moitas das decisións adoptadas en 2011 para redefinir o rumbo da política económica e social co obxecto de mellorar as condicións de vida do povo cubano e redefinir o concepto de socialismo desde unha perspectiva cubana deberán ser reorientadas tendo en conta que estaban pensadas para un país condicionado polos efectos do bloqueo.

Cando en 1997 visitei Cuba estaban inmersos aínda no período especial, as privacións eran moitas e iso que os anos máis duros xa pasaran, pero algo que lembrarei sempre daquela viaxe son as palabras dun cubano moi crítico co sistema que nos dixo “ollo, eu son crítico cos erros que se cometen aquí pero sei moi ben onde estou e o que me deu a revolución, sei que isto non é Europa e sei que se a revolución cae a miña alternativa de vida non é a dun francés ou a dun galego senón a dun haitiano ou a dun hondureño”. Ese orgullo, esa capacidade para situarse no mundo é a que me fai confiar en que Cuba será quen de superar os novos retos.

Comentarios