Opinión

A cera que arde

A Arxentina de Javier Milei está que arde despois de que as promesas de liberdade (a mesma liberdade solipsista que pregoaba Alfonso Rueda cando frecuentaba manifestacións contra a lingua galega con Ana Pastor e tutti quanti) desembocasen en inflación galopante, recorte de dereitos, privatizacións salvaxes e represión. Coidado co que soñas porque pode converterse en realidade.

Que soñarán os milleiros de galegos e galegas residentes na Arxentina? Que soñarán os seus netos e bisnetos? Soñarán aínda con Galiza como facían os seus avós e bisavós? Estarán cabreados co amigo de Rueda e Ayuso que os malgoberna? Moitos terán dereito a voto o 18F. E aínda que Rueda quixera ser madrileño a tempo completo, desempoa o “Xuntos” coma nos tempos de Fraga e agarda a que, cando menos, a cera do CERA non arda coa mesma carraxe que se observa en Arxentina.

Comentarios