Opinión

Poñendo voz(x) e máis

Coa primavera aparecen opinións de falabaratos. Son descoñecedores do que pontifican, pois falar é máis que dicir palabras. Son opinantes ousados, interesados, para que a mensaxe se expanda e valía para outros que coma eles pensan. Velaí os andan coas concepcións da (súa) educación e así impoñen límites e acoutan intervencións. Non lles importa. Descoñecen que unha visión básica da educación ha ser que todo o mundo teña a oportunidade de beneficiarse dela en igualdade e aprender os valores (non os destes ghichos), así como as conductas e estilos de vida para un futuro digno, de cambio satisfactorio e positivo, da sociedade. Unha educación transformadora, nin ríxida, nin involutiva, que facilite novas propostas de ver o mundo, activando o desenvolvemento do pensamento crítico e creativo, para o empoderamento da cidadanía na toma de decisións e na construción de futuros alternativos. E preguntamos, quen comparte cos ensinantes, baseado en modelos democráticos, os niveis desa responsabilidade, no canto de andar a dicir tonterías e mentiras que soamente buscan escanos de moi pouca autenticidade?

Basta pois de coñeos. Que cada quen fale do que saiba. Deixen en paz a educación e así os e as ensinantes quen, na reflexión e actualizándose, motivados polo desenvolvemento das intelixencias do seu alumnado, pola convivencia, concordia e a súa autonomía, no corrixir privilexios, tratan de compartir e arriquecer os seus baseamentos profesionais e tamén os dos seus colectivos, para servir no público labor docente. Que non se metan e lle queiran sacar as súas voces. Non é?

Comentarios