Opinión

Oportunidade estragada

Deixar vivo ó rival ten un prezo.

Deixar vivo ó rival ten un prezo. E o Dépor cobrou un empate por deixar un partido con excesivo respiro. Perdoar a vida é o que ten. O Valencia, un club de millonarios, precisa pouco osíxeno para sacar de onde non hai por moito que diga o seu técnico, o británico Gary Neville, incapaz de gañar un partido en dez xornadas de Liga. Houbo, outra vez, colaboración arbitral. A posición de fóra de xogo de Lucas, que acabou en gol, era legal. 

Pero o Valencia, o todopoderoso Valencia, feito con millóns de euros chineses, co talonario percutido por Jorge Mendes, o mellor representante do mundo, cuarto equipo millonario da Liga, celebrou un empate en Riazor como se gañase a Champions League. Os chés levan dez partidos sen coñercer a vitoria. Quizás iso explica a euforia. Porque o que en realidade celebraron foi a non derrota do seu equipo en Riazor. Porque, o xusto, sería a vitoria deportivista. 

O equipo de Víctor Sánchez del Amo é Lucas e dez máis. Pobre deste Dépor se Lucas se lesiona

Unha vez máis, demostrouse que o Dépor ten “Lucasdependencia”. É máis, vive de Lucas. Dos seus goles e das suas asistencias. O equipo de Víctor Sánchez del Amo é Lucas e dez máis. Pobre deste Dépor se Lucas se lesiona. E, por outra banda, bendita dependencia. Había tempo que o cadro herculino non tiña nas súas filas un xogador tan importante.

A lección está máis que aprendida. Prohibido deixar vivo a un rival. Sexa cal sexa este. Tan importante como rematar unha xogada é pechar un partido. O Dépor non o fixo. Polos pelos, por un suspiro. Pero non o fixo. O premio foi para o Valencia. E a amargura quedou en Riazor cando xa se aloumiñaba a festa dunha vitoria segura. O empate é lixeiramente positivo porque non cortou unha tendencia de cinco encontros sen saber e sen poder gañar, sobre todo, cando non quedaba tempo para estragar un traballo que sería excelente, doutro xeito.

Comentarios