Opinión

A consagración de Víctor

Que alguén arregle isto da independencia catalá

Que alguén arregle isto da independencia catalá, pero para que o Barça se quede en España e na Liga. Que ben lle vén ó Deportivo, últimamente.

Despois do visto esta fin de semana, e só pasaron seis meses do dramático encontro no Camp Nou, non se pode dicir que o Dépor empatou de casualidade ou porque lle deixaron o empate en bandexa. Os partidos non se poden comparar, certamente, e se mérito tivo un, máis mérito tivo este último.

Aída que nos dous o Dépor tivo que remontar un 2-0, no segundo o equipo de Víctor demostrou desde o principio do partido que tiña un plan para desconectar ó Barça, e que o seu plan tiña sentido. Tacticamente Víctor gañou porque sorprendeu. Leu o partido perfectamente, antes e despois de poñerse a bola en xogo. Fixo un plantexamento que puido parecer un suicidio, pero en realidade foi o que lle deu un resultado sorprendentemente positivo. Arriscou moito, pero con cabeza. Soubo cortar a fluidez de xogo que teñen normalmente os de Luis Enrique. Fixo cambios oportunos e nunca deu a sensación de ser moi inferior, mais ben todo o contrario. Xogou un partido de ti a ti cos azul e gra. E de aí o recoñecemento global que tivo tras o partido.

Tacticamente Víctor gañou porque sorprendeu. Leu o partido perfectamente, antes e despois de poñerse a bola en xogo

É a segunda vez que Víctor demostra con gran claridad que gaña desde a caseta. Con moito traballo e capacidade de sorpresa. O primeiro, foi o do Celta. 

O resultado de Barcelona é a consagración de Víctor Sánchez del Amo. O Dépor ten técnico. Atopou un novo adestrador que sabe de fútbol, que está cos novos tempos que se traballan agora, que sabe sorprender, que lee os partidos con acerto, que xoga co que ten e non fai xogar os xogadores sen adaptarse ás súas características.

Pero o que mellor sabe deste partido, ademais da comprobación de que o Dépor ten un moi bo técnico, é ver como dous coruñeses son quen de marcar en Barcelona. Lucas e Álex Bergantiños son un claro reflexo do que quere ser este novo Dépor.      

Comentarios