Opinión

O Grande Amigo

No outono do 1244

un novo estudoso musulmán de Konya
coñeceu un recén chegado que estivera viaxando

por todo Oriente Medio.

Iste estraño propuxo ao estudoso unha pregunta:
Continúa sendo un dos grandes misterios

Calquera que fose a pregunta,

que o novo estudoso perdeu o alento e desmaiouse.
Cando volveu en si falaron

encadeados nunha corrente de diálogo imparábel.

Inseparábeis, conversaron durante días sen precisar nada humano – 
como dous músicos compoñendo, un tralo outro continuando dende

onde o outro o pousara nun estado de descubrimento puro.

Tarde, unha noite, no medio da conversa,
o amigo foi atender unha chamada á porta

e non volveu.

O estudoso novo sumiuse no silencio e xurou non
volver falar ata que o seu amigo tornase.

Descendera ao que se coñece
como o fondo pozo da meditación, estreito
túnel da contemplación mortal.

Durante meses, ningunha palabra abrollou dos seus beizos.

Entón, na súa noite máis escura mirou enriba
e ouviu un alarido salvaxe. E berrou

atopou unha voz nova en formación.

Á mañá seguinte, dirixiuse ata o mercado da praza
e comezou a falar. Poesía e parábolas desbordantes

Ti es o ceo no que o meu espírito xira

A miña alma é doutro lugar. Comezou
a cambalearse e expandirse cos seus brazos acircados

Circunvalando entre as viandas,

tecendo aprendizaxes dos garavanzos; creando fábulas
semellantes a kebabs queimados. Unha morea de xente congregouse

algúns comezaron a extasiarse e disolverse

na risa, outros xemían en éxtase
e choraban. Un home novo comezou a escribir

embaixo cada palabra dita.

O estudante de Koyna perdeu todos os símiles
e transformouse na cousa mesma: o amante, o mendigo,

a terra sedenta, a flor despregada

El continuou xirando nas horas pequenas,
o seu amigo tornando a través del.

Unha lúa muda sorrindo nas alas.

Adam Wyeth vén de publicar About: blank coa editora irlandesa Salmon Poetry. Nesta casa editorial atopamos anteriores poemarios do poeta e dramaturgo inglés residente en Dublín: The Art of Dying, considerado o libro do ano para o Irish Times, e  Silent Music. Wyeth e tamén autor do ensaio The Hidden World of Poetry: Unravelling Celtic Mythology in contemporary Irish Poetry e tamén da entrega dramática This Is What Happened.

O poema The Great Friend (O Grande Amigo) relata o encontro histórico na mística sufí entre Rumi e Shams, forma parte do libro About: blank, un salto sen rede ás profundidades do baleiro da composición automática, unha aposta sen cancelas entre xéneros e modos de escrita.

Moi interesado na mitoloxía, Adam Wyeth fixo o Camiño de Santiago convidado pola Fundación Uxío Novoneyra a participar nas segundas residencias itinerantes Ámeto Mítico. Nestas residencias, poetas de distintas linguas e procedencias conviven e comparten a súa poesía e a súa experiencia como peregrinos co alumnado de seis centros educativos de lugares queridos e transitados por Uxío Novoneyra na súa derradeira obra, Ámeto Mítico. Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas.

Comentarios