Opinión

Temos a Prensa que os galegos queremos?

Tradicionalmente Galiza arrastra unha cargar xornalística e un deterioro que sería digno dunha tese, ou mesmo de varias. Dende finais do s. XIX até os nosos días houbo xornais que se crearon, que perduraron e outros moitos que pereceron na máis esquecidas das soidades.

No tempo van xa os diarios nos que debatían acaloradamente os rexionalistas. Famosas foron as trifulcas entre D. Alfredo Brañas, protexido polo cardenal Payá, abandeirado do catolicismo férreo, contra D. Manuel Murguía e mais Pereira, do outro bando.

Tradicionalmente Galiza arrastra unha cargar xornalística e un deterioro que sería digno dunha tese, ou mesmo de varias. Dende finais do s. XIX até os nosos días houbo xornais que se crearon, que perduraron e outros moitos que pereceron na máis esquecidas das soidades.

No tempo van xa os diarios nos que debatían acaloradamente os rexionalistas. Famosas foron as trifulcas entre D. Alfredo Brañas, protexido polo cardenal Payá, abandeirado do catolicismo férreo, contra D. Manuel Murguía e mais Pereira, do outro bando.

Alá van xa recurtes xornalísticos encol da cultura da época, onde os poetas que hoxe loubamos, antes loitaban por dignificaren a nosa terra coa lírica máis fermosa que as nosas orellas poden ouvir. Alán van xa.

E tra-la forte represión no estado español, e os malos mirares do arxentinos diante de actos galegos en Bos Aires, chegan até os nosos días diarios que, ben subvecionados, (ou non, non se sabe, no DOGA non aparece ren dos motivos sostidos), un mangado de diarios que máis que contar o que aos galegos nos pasa máis ben contan o por qué do que aos galegos nos pasa. Iso fano todos, certo, máis estes ressponden aos mesmo intereses de sempre. Os mesmo de toda a vida. Un xogo de intereses escuros, de viles servilismos, de mantemento de poder co control da opinión pública. Un xogo de mangonear a un fato de parvirolos que non temos nada mellor que facer. 

Coido que Juan Fernández Latorre, republicano como era e mesmo apresado e exiliado como estivo, ou  Victorino Novo García, capaz de escribir Romancero de Galicia nunha época convulsa ou mesmo un prólogo a D. Francisco Añón (precursor do rexurdimento) non sei que pensarían a día de hoxe dos xornais que fundaron (La Voz de Galicia e El Correo Gallego).

"Que pasaría se xornáis de menos tirada (e outros ideais) tivesen unha finanzas máis folgadas? Que pasaría se outra prensa escrita e poderosa acadase os quiosques e os impregnase na súa totalidade?"

Os ideais, polos que antes se poidera rexer un periódico, ben poideron ser vendidos ao mellor postor. Ou quizais tan só chega con comprar a cabeza do director. Conxeturas miñas. 

Pero... se pensamos un pouquiño... Quere dicir isto que Galicia ten os periódicos que ela quixo de verdade ao longo da historia? Que foron elixidos en función da opinión pública e castigados coa baixa tirada se non caiar?  Máis ben temos o que dende fóra se quere que teñamos. E é que cun goberno máis interesado en chegares a Madrid que estar pendentes do propio pobo moi pouco ou nada lle vai interesar a prensa escrita en canto á súa diversidade se refire.

Que pasaría se xornáis de menos tirada (e outros ideais) tivesen unha finanzas máis folgadas? Que pasaría se outra prensa escrita e poderosa acadase os quiosques e os impregnase na súa totalidade?

Credes que sería outro a cor do parlamento de Galicia? E da sociedade? Eu non teño dúbidas.

Con isto formulado ben podemos facernos a pregunta agora de, é xusto subvencionar máis ao de maior tirada? Que pasaría se subvencionase a todos por igual? Ou mesmo cambiar todo de tornas, que pasaría entón?

Son moitas suposicións, máis eu creo que o destino dun pobo xógase en xesto pequenos dende arriba, que parecen inofensivos, pero que pasando desapercividos que por non teren difusión alteran o devir galego.

Hoxe en día, contamos coa rede. Internet parece que pode servirnos para cambia-lo mundo. Os xornais en rede, que tentan facerse un oco parecen tomar pulo, máis é moi complicado chegar á xente. Único camiño para un rexurdir da prensa, anquilosada no servilismo ao poder.

Son dos que pensan que outra sociedade é posible, pero cómpre vencer a manipulación dos media institucionais. Cómpre palabras poderosas para arrastrar mentes carentes de pensamento crítico e con esquemas predifinidos. Tiremos de pedagoxía e fagamos madurar ao lector. Outra prensa é posible.

Comentarios